PONTEVEDRA. O Concello de Pontevedra comprometeuse esta mañá a recuperar o cruceiro da igrexa de Mourente. Este cruceiro fora derribado accidentalmente hai 2 anos por un vehículo. Dende entón, os veciños desta parroquia non pararon de reclamar aos técnicos municipais que se fixeran cargo da súa reconstrución. Tras moitas queixas, parece que nas vindeiras semanas o goberno local porase mans a obra para repoñelo.
Un vehículo derribou accidentalmente hai 2 anos, o cruceiro do adro da igrexa de Mourente. Dende entón, os veciños desta parroquia pediron incansablemente ao Concello a súa reparación. Tras unha xuntanza co edil de Urbanismo e Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, parece que a reconstrución deste elemento arquitectónico está máis preto de facerse realidade.
O edil de Urbanismo comprometeuse a xestionar a recuperación da fisionomía orixinal do cruceiro. Ademais, a petición da veciñanza, o Concello proporá á dirección xeral de Patrimonio recuperar a rasante orixinaria do cruceiro, é dicir, os tres chanzos da base do mesmo. Iso si, facendo un pequeno desprazamento na súa localización.
Os veciños de Mourente aseguran que nos últimos anos sentiron o abandono por parte do Concello. Polo tanto, esperan que esta vez o goberno municipal cumpra coa súa promesa e poidan volver a ver en pe o cruceiro da súa igrexa.

O Concello comprométese a reparar o cruceiro da igrexa de Mourente parroquia san pablo las palmas de gran canaria | |
Likes | Dislikes |
9 views views | 1.39K followers |
Entertainment | Upload TimePublished on 22 Aug 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét